Lanza as túas campañas promocionais de SMS a prezos sen competencia e coa vantaxe de teclealos dende o teu ordendador.
Dende o Panel de dinahosting podes personalizar e programar os teus envíos.
Establece un alias para as túas contas de SMS, crea listas de destinatarios ou configura a autorrecarga de saldo.
Crea e modifica plantillas de mensaxes predefinidas para os teus envíos. Escolle a que máis che interesa en cada momento!
Crea unha lista personalizada e engade todos os contactos que queiras para facer envíos masivos de SMS.
Fai envíos de SMS traspasando fronteiras, a nivel internacional, para chegar a calquera parte do mundo.
Personaliza a apariencia dos teus SMS para incluír a túa imaxe corporativa como Reseller Dinahosting.
Escolle entre os nosos plans de SMS e comeza a crear as túas campañas de marketing.
«A mensaxe de texto ten moito potencial: é un medio de comunicación barato e permíteche fidelizar os teus clientes. Aprovéitao!».
O RGPD ou Regulamento Xeral de Protección de Datos é unha normativa europea que regula os dereitos das persoas residentes na Unión Europea sobre os seus datos de carácter persoal e o tratamento que se fai deles, á vez que establece obrigas para aquelas entidades que vaian tratar ditos datos.
O RGPD aféctache na medida en que teñas unha páxina web onde os teus usuarios introduzan calquera tipo de información persoal: email de contacto, preferencias de idioma, datos de pagamento... Polo tanto, é imprescindible que cumpras con esta normativa sempre que utilices ou almacenes datos persoais das túas visitas.
Para cumprir co RGPD, a túa web debe recoller todos os detalles respecto ao uso dos datos dos teus usuarios en diferentes textos legais.
Isto é fundamental por dúas razóns. A primeira, para cumprir coa normativa vixente e evitar posibles sancións. E a segunda, contar con textos legais na túa web xerará moita máis credibilidade e transmitiraslle confianza a quen te visite. Xa sabes que máis confianza significa un aumento das posibilidades de que o teu cliente remate comprando.
Os textos legais que tes que coñecer son estes catro:
Política de privacidade: é un documento no que constan os datos que recolles dos teus usuarios, se os vas gardar ou non e que uso farás deles. Todo o que afecte ao tratamento dos datos ten que constar na política de privacidade. Se queres bótalle un ollo á nosa.
Política de cookies: se na túa web utilizas cookies, terás que engadir este aviso. Na política de cookies tes que indicar que tipo de información do usuario vas recopilar. É dicir, se vas usar a información da súa experiencia de navegación con fins de marketing ou publicitarios, tes que explicalo. Para que vexas un exemplo, esta é a política de cookies de dinahosting.
Condicións de contratación: é un documento no que se recolle toda a información referida ao proceso de compra dentro da web, dende os datos do vendedor ata as formas de pagamento, métodos de envío, prezos, xestión de devolucións, etc. Polo tanto, todo usuario que se rexistre e contrate algún produto en dinahosting.com queda suxeito ás nosas condicións de contratación.
Aviso legal: é un aviso que tes que incluír na túa web para que os teus usuarios saiban quen está detrás da páxina. É obrigatorio engadir nel as referencias ás titulacións ou certificacións que teñas para realizar a túa actividade profesional. Como exemplo podes ver o noso aviso legal.
En función do tipo de web que teñas terás que incluír uns textos legais ou outros.
A política de privacidade é obrigatoria se tratas con datos de usuario, que é o habitual en calquera web, tenda online, foro, blog, etc. Polo tanto, o máis probable é que a precises.
A política de cookies é obrigatoria se utilizas cookies non exceptuadas do deber de obter o consentimento informado para a súa instalación. As cookies úsanse na maioría de webs porque permiten que o usuario poida establecer as súas preferencias de navegación.
O aviso legal é obrigatorio para calquera páxina da que se obteña un beneficio económico, directa ou indirectamente. Polo tanto, se a túa web che xera ingresos tes que incluílo si o si. En dinahosting ofrecémosche totalmente gratis un aviso legal tipo que logo podes personalizar cos teus datos. Se che interesa, xérao dende aquí.
As condicións de contratación son necesarias para ecommerces, ou para webs nas que se ofreza algún produto ou servizo aínda que non se dediquen exclusivamente á venta online.
Aquí explicámosche máis en detalle que tipos de textos legais hai que usar en cada caso. Se ti non tes os coñecementos ou o tempo necesarios, podes encargarlle a preparación dos teus textos legais ao noso Departamento Legal polo prezo que consta nesta páxina.
O pack anual de consultas está pensado para que poidas trasladarnos todas as túas dúbidas legais -ou as dos teus clientes- por un prezo pechado. En dinahosting contamos cun Departamento Legal especializado en temas vinculados con Internet: dominios, marcas, dereitos de autor, protección de datos, telecomunicacións, cookies, comercio electrónico...
Se non sabes exactamente se a túa consulta se axusta a estes temas, coméntanolo, revisamos o teu caso e vemos se podemos axudarche.