Para poder gozar da web necesitas un navegador máis recente e seguro. Para máis información, revisa as actualizacións de Internet Explorer.
 Non se pode dar de alta este servizo. Contacta con Soporte

Protexe o teu dominio

Protección de Whois garante o teu dereito á intimidade

Protege tu dominio

Descobre as vantaxes da túa Protección de Whois

O teu dominio en boas mans co mellor equipo de Soporte dispoñible para ti 24x7.

FAQ

Toda a información que necesitas para sacarlle o máximo partido ao teu Whois de dominio.

Cando rexistras un dominio, os datos de rexistro pasan a formar parte dunha base de datos pública chamada Whois. Nela almacénase información relativa á extensión: quen é o seu titular, a data de rexistro e caducidade do dominio, os servidores de DNS asociados, etc.

Os datos públicos dun dominio conteñen información dos seus diferentes contactos: propietario (ou titular), administrativo, de facturación e técnico. Tamén figuran os nomes dos servidores vinculados a el.

Estes datos poden verificarse en múltiples web de Internet, a nosa tamén, a través dun buscador de Whois. Por normativa da ICANN (organismo regulador dos dominios xenéricos a nivel mundial), os datos proporcionados deben ser sempre reais, aínda que existen algunhas excepcións legais polas que non sempre aparecen todos estes contactos.

O obxectivo da ICANN é garantir que os datos de Whois do contacto rexistrador de dominios sexan reais. O organismo sostén este principio para facilitar a administración dos dominios entre axentes reistradores e, sobre todo, para que a persoa rexistradora estea sempre localizábel a efectos administrativos e legais. Por iso, é moi importante que manteñas actualizada a túa información. O teu dominio poderá ser suspendido temporalmente ou até cancelado se non acreditas ben a súa titularidade.

Se non desexas facer visíbeis os teus datos publicamente, podes contratar o servizo de Protección de Whois que che ofrecemos. Dinahosting funcionará como axente intermediario nas túas comunicacións e non se mostrará a túa información persoal a todo o mundo.

O servizo de Protección de Whois que che ofrecemos na dinahosting permíteche ocultar os datos persoais vinculados ao teu dominio, de forma que a túa privacidade se mantén. Se contratas este servizo, os datos que aparecerán públicamente son os seguintes:

  • Contacto do Rexistrante:
  • Privacidade Whois
  • Privacidade Whois SL
  • [email protected]
  • AP 570
  • Santiago de Compostela Coruña, A
  • 15080 es
  • Tel: +34.627089328

Pódelo contratar no proceso de rexistro do teu dominio ou, posteriormente, desde a aplicación Dominios do teu Panel de control.

Lembra que es ti quen segue tendo a propiedade e a responsabilidade legal do teu dominio. A Protección de Whois garánteche a privacidade dos teus datos fronte o uso malicioso de terceiras persoas, pero en ningún caso te exime de cumprires a normativa vixente.

Primeiro, comproba que verificaches a titularidade do teu dominio. Unha das causas polas que pode aparecer neste estado é porque nese dominio non se verificou o contacto rexistrador. Para facelo, confirma os teus datos a través dun correo que chegará á túa conta de email. O teu dominio volverá estar operativo nuns minutos.

Outra das causas do CLIENT_HOLD é que exista un pagamento pendente sobre o dominio. Se tes dúbidas respecto diso, contacta co noso departamento Comercial a través [email protected]

Si, aínda que en función do tipo de dominio pode haber algunha limitación na mudanza do contacto rexistrador. Por exemplo, os dominios .es requiren do envío de documentación para levar a cabo o que o ESNIC (a entidade xestora dos dominios de Internet en España) denomina Transmisión de Nome de Dominio.

Para a maioría de extensións poderás actualizar a información desde o apartado de Dominios do teu Panel de Control.

Coa entrada en vigor do Regulamento Xeral de Protección de Datos (RXPD), o Registry do dominio .ES aplicou actualizacións na súa política de Whois, de forma que nin o email de contacto, teléfono ou dirección postal, entre outros datos, constan actualmente no Whois.